O inglés técnico xa non ten segredos para min.

A MARCHA ATLÉTICA

Introducción teórica:

A diferenza entre a marcha e a carreira é que na marcha a toma de contacto cochan non se interrumpe, xa que momentáneamente ambos pés tocan simultáneamente o chan en cada paso. Isto supón unha menor adquisición de velocidade. Os encargados de vixiar que isto último se cumpra nunha competición son os xueces, dous deles (un o principal) poderán descalificar a un marchador se se poñen de acordo en que non realiza a marcha correctamente, tamén se poderá descalificar cando tres xueces distintos opinen o mesmo. Esta modalidade apareceu por primeira vez nas olimpiadas en 1908, nos JJOO de Londres. Nela realizáronse probas de 3500 metros en pista e 10 millas. Co paso do tempo, estas distancias foron substituídas pola de 10000 metros. Finalmente, a petición de distintas federacións, estableceuse a proba de 20000 metros. Na actualidade as dúas probas que están en vigor nas grandes competicións son as dúas anteriores.

A técnica:

A técnica da marcha atlética procede da nosa maneira natural de andar, pero con variacións para conseguir unha maior eficacia ( mecánica ) e eficiencia ( economía de esforzo ).

Una definición máis compreta sería a do artículo 191 do reglamento internacional da IAAF (1997): “La marcha es una progresión efectuada paso a paso de tal manera que el contacto con el suelo se mantenga sin interrupción. En cada paso, el pie que avanza del marchador tiene que tomar contacto con el suelo antes de que el otro pie retrasado haya despegado del mismo. Durante el período de cada paso en que un pie esté sobre el suelo, la pierna tiene que estar recta por lo menos un momento y particularmente la pierna de apoyo debe estar derecha cuando se halla en la posición vertical”.

Accións do atleta. Fases:

Acción de pernas:

As pernas son o verdadeiro medio de locomoción proporcionando o avance pola acción das articulacións do metatarso e nocello que presionan sobre o chan para proxectar a cadeira adiante.

Perna de apoio.

1. Doble apoio.

É unha fase de execución obrigatoria pero que dura pouco tempo. Nela os dous pés están en contacto co chan, o pé adiantado apoiase sobre o talón sen que a punta estea decaída e o pé máis atrasado apoiase sobre a parte anterior do metatarso. As posicións dos pés coinciden coa finalización da fase de impulso e o inicio da fase de tracción.

Os pés deben facer contacto co chan sobre unha liña recta, para dirixir o impulso cara o centro de gravidade, desprazando o corpo cara a posición desexada. As cadeira realizan unha función horizontal, levando adiante a perna que impulsou. A maior amplitude do paso ocurre nesta fase.







2. Tracción.

Esta fase iniciase no momento no que o pé toma contacto co chan e finaliza o centro de gravidade do marchador se encontra sobre a vertical do apoio. O pé toma contacto co talón no chan, de forma suave evitando que a punta caiga con relaxación, xa que esta acción debe realizarse de maneira progresiva para executar correctamente unha acción secante posterior que dará efectividade ao traballo de tracción. A perna pola sua parte chegará estirada e non se bloqueará ata que o contacto co chan sea firme. As cadeiras inician unha acción vertical que se completará nas seguintes fases e que xunto ás horizontais producirá un movemento semellante ao acto de remar cara atrás.








3. Relaxación.

É o momento no que o centro de gravidade do marchador se encontra sobre a vertical do punto de apoio. Neste momento hai unha aproximación de segmentos. A planta do pé está en contacto co chan, a perna do mesmo lado totalmente estirada e bloqueada polo xeonllo, a cadeira no mesmo plano que os ombros e máis elevada do lado da perna de apoio.








4. Impulso.

É o momento no que o centro de gravidade sobrepasa a vertical de apoio, a mesma perna que realizou a fase de tracción, impulsa cara adiante cunha marcada extensión do nocello, ao mesmo tempo que a perna contraria trata de pasar adiante cun acompañamento da cadeira correspondente o máis rápidamente posible para volver ao dobre apoio e iniciar novamente o ciclo.








● Perna libre de apoio.

1. Oscilación e ataque.

O obxectivo desta fase é que a perna libre actue como un péndulo orixinado pola liña de cadeiras. Esta perna, despois de perder contacto, comeza a sobrepasar a outra perna, dirixíndose cara adiante flexionada plo xeonllo. O xeonllo non debe estar excesivamente elevado o que alargaría a traxectoria e prolongaría a oscilación (ademais de correr perigro de perder o contacto co chan o que suporía a descalificación). O pé libre pasa rozando o chan, relaxado sen contracción nos tibiales.

Ao final cunha suave extensión do xeonllo, chegase ao chan de talón. No contacto, la perna libre debe estar totalmente estendida (regramento). Os isquiotibiales presentan a máxima activación.

A acción de brazos será enérxica cos cóbados empuxando cara atrás e os ombros non se elevarán en ningún momento mantendoos relaxados.







2. Posición do tronco e da cabeza.

A posición do tronco á casi vertical cunha inclinación máxima duns 5o aproximadamente que se produce no momento do adiantamendo da perna que busca o contacto co chan, mentras que canso se encontra xa no dobre apoio o tronco volve máis a vertical.

Pola sua parte o tronco realiza un movemento de torsión, acompañando a acción de brazos, que é contrario ao de cadeiras e que proporciona coordinación e equilibrio.









A cabeza mantense en prolongación do tronco cos músculos relaxados, sen desviacións e sempre coa mirada ao frente, para evitar así inclinacións excesivas que producirían unha curvatura da espalda perdendo o aliñamento do corpo.

Acción de brazos:

Os brazos actúan como coordinadores e equilibradores do movemento de pernas. As súas accións rápidas atrás-adiante producen un movemento simultáneo de ombros semellante e en menor grado ao das cadeiras, que se leva a cabo de maneira contraria para producir un equilibrio eficaz.

Xeralmente os brazos móvense flexionados aproximadamente entre 90 grados e 110 grados dependendo da maior ou menos velocidade de desplazamento.







O marchador:

As características dun bon marchador son :

- Gran dominio postural : tense que partir dunha boa participación técnica.

- Gran capacidade volitiva e agónica.

- Bon sentido do ritmo.

- Gran movilidade articular de cadeiras.

- Niveis de forza máis altos que os fondistas, especialmentea nivel de tren superior.

- Boa capacidade aeróbica ( sobre todo en 20 km ), aínda que non limita o rendemento.

Erros frecuentes:

- Na búsqueda do doble apoio o pé adiantado cae plano sobre o chan, perdendo efectividade na fase de tracción

- Pouca acción de nocello na impulsión.

- Apoio dos pés excesivamente separados tanto por movemento cruzado de pernas como por gran abertura das mesmas.

- Na fase de relaxación, a perna apoiada está flexionada o que ademais de producir unha negligencia regramentaria fai oscilar excesivamente o centro de gravidade que desfavorece a continuidade do movemento.

- Non acompañar o movemento das pernas coa cadeira correspondente, o que producirá unha oscilación do centro de gravidade.

- Elevar excesivamente o xeonllo no desprazamento das pernas cara adiante.

- Excesiva amplitude de paso a paso.

- Golpeo excesivo de cadeiras a ambos lados, o que arrastrará da mesma forma aos ombros e producirá unha tensión innecesaria dos músculos do tronco.

- Traballar excesivamente cos brazos, o que producirá unha descoordinación de movementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

La planificación: contenidos y actividades.

ESCUELAS DEPORTIVAS DE BALONMANO BASE. Objetivos generales: Fomentar el respeto hacia los compañeros y contrincantes, aprendiendo a competir...